Inicio

 

camisetas-cpi-o-cruce

Esta é a páxina web do Club de Ciencia do CPI Plurilingüe O Cruce en Cerceda. Creado en novembro de 2018 por un grupo de profesoras e profesores do centro, ten os seguintes obxectivos:

  • Despertar vocacións científicas nas alumnas e nos alumnos dos diferentes niveis e etapas impartidas no centro.
  • Mellorar as habilidades científicas do noso alumnado.
  • Facer o noso centro máis saudable, máis solidario, máis sustentable e máis social.
  • Facilitar a colaboración con outros centros e clubs de ciencia.

Hai profesorado de secundaria implicado no proxecto das especialidades de física e química e matemáticas, en relación co perfil STEM dos proxectos e de inglés, francés e artes plásticas para colaborar na contextualización das actividades e nas tarefas de comunicación. Tamén profesorado de primaria e infantil para guiar na orientación das tarefas para os máis pequenos do centro que tamén terán a oportunidade de participar activamente nas investigacións.

En marzo de 2020 comezou a iniciativa Ciencia na Casa durante a crise sanitaria polo Covid-19 a raíz da cal publicamos este libro que podedes descargar aquí:

Captura de pantalla 2020-06-16 a las 15.29.47

 

Design a site like this with WordPress.com
Primeiros pasos