Blog

Actividades

III Maratón de astropartículas en Cerceda

En setembro comezamos un curso diferente, marcado polas medidas de hixiene e seguridade tan necesarias pola situación sanitaria na que nos atopamos no contexto da pandemia da COVID-19. Respectando sempre esas medidas, trataremos de levar a cabo ao longo do curso as actividades extraescolares asociadas ao Club de Ciencia como viñamos facendo en anos académicos anteriores.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es thumb_eftz6840_1024.jpg

Comezamos participando na III Maratón de Astropartículas, organizada pola profesora M. Dolores R. Frías da Universidade de Alcalá de Henares e cofinancidada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT). A maratón celebrouse en Cerceda o xoves 15 de outubro con ponencias de Ramón Iglesias Marzoa, do observatorio astronómico de Javalambre en Teruel; Mario Gómez profesor na Universidade de Huelva e Luis del Peral profesor na Universidade de Alcalá de Henares.

Con Ramón Iglesias o alumnado falou sobre a obtención de imaxes astronómicas e a medición da luz das estrelas con conexión en directo co observatorio astronómico de Javalambre, con Mario Gómez percorreron o Universo desde distancias de segundos-luz ata millóns de anos-luz a través dunha exposición fotográfica móbil e con Luis del Peral aprenderon a observar a radiación cósmica e coñeceron de primeira man o funcionamento dun medidor de muóns.

Os días 14 e 16 de outubro a maratón celebrouse tamén en Santiago de Compostela, no IES Arcebispo Xelmírez II e no IES Rosalía de Castro.

Máis información | La Voz de Galicia, La Voz de Galicia, FECyT e USC

Advertisement
Sin categoría

Listos para descarga os 70 experimentos de #ciencianacasa, bo verán!

Captura de pantalla 2020-06-16 a las 15.29.47

A mediados do mes de marzo, despois do cese da actividade lectiva presencial, comezamos coa iniciativa “Ciencia na Casa” e chegamos aos 70 experimentos científicos caseiros durante o confinamento. Agora pechamos este peculiar ano académico recopilándoos neste libro que tedes á vosa disposición para descarga premendo na imaxe da portada do mesmo ou nesta ligazón:

70 experimentos científicos para facer na casa

Oxalá no vindeiro curso podamos repetilos todos, e moitos máis pero xuntos e na escola… Sorte, saúde, sentidiño e bo verán!

Sin categoría

De volta na web grazas ao coronavirus

ciencia-na-casaNeste ano académico, tiñamos a web e o blog bastante abandonados… A actividade presencial absórbenos moito tempo, porque temos o Club de ciencia dividido en dous: para primaria nos tempos de lecer do comedor e para secundaria pola tarde despois do horario lectivo.

Así o único que fomos actualizando foron os nosos perfís en redes sociais, nos que podedes ver boa parte das actividades que fixemos ao longo do ano. Pero entón chegou a crise sanitaria do Covid-19 e dun día para outro quedamos confinados nas nosas casas, sen poder desenvolver actividades presenciais, nin lectivas nin extraescolares, e como non hai mal que por ben non veña, de aí xorde a iniciativa #CienciaNaCasa coa que cada día de illamento propoñemos un experimento científico para facer, mediante un guión cunha breve explicación de como facelo e algo de teoría e un vídeo e/ou imaxes do desenvolvemento e os resultados.

Trataremos de aproveitar tamén para completar a web cos materiais dos proxectos que non subiramos, agora que imos ter que pasar máis tempo diante do ordenador…

Moito ánimo a todos, lembrade que nunca choveu que non escampara e quedade na casa!

Máis info | Ciencia na casa

Sin categoría

Taller de frío na UDC

O venres 24 de maio visitamos a facultade de ciencias onde a profesora María Teresa Rodríguez ensinounos un pouco as aulas e a distribución dos laboratorios.

Despois fomos a facer algunhas prácticas con nitróxeno líquido, xeo seco e outras cousas, os estudantes da ESO tiveron moita diversión e tamén aprenderon.

Entre outras aprendimos como os grandes cociñeiros preparan os seus deliciosos pratos con nitróxeno líquido, as propiedades dos clips deformables que volven á súa forma orixinal ao quentarse e ensináronnos como as grandes fábricas de patacas enchen as bolsas de helio ou argón porque estes eliminan o osíxeno da bolsa e as patacas non se oxidan tan rápido. Máis tarde, e para concluír, fomos ver a xigantesca táboa periódica que se atopa no primeiro andar do edificio e que contén en cada elemento un uso coñecido pola xente, esta é moi entretida e representativa xa que é mais fácil aprender os elementos da táboa periódica con exemplos da vida cotiá que só véndoa nun papel.

O pase de diapositivas require JavaScript.

 

Actividades

Pancake Day

O día 28 de febreiro celébrase en Reino Unido Pancake Day, o día da tortita. Así que en colaboración co departamento de inglés do centro preparamos pancakes co alumnado de 1º, 3º e 4º ESO na semana do 27  ao 31 de marzo tratando de sumar un punto de vista científico no marco do proxecto “Ciencia na Crucecociña”.

Analizamos a reacción de Maillard que explica a cor marrón e o cheiro que se desprende cando se cociñan as tortitas (ou outros alimentos en tixola) e fixemos algúns experimentos físicos cos ingredientes. Separamos a xema da clara do ovo cunha botella por diferencia de presións e fixemos un fluído non Newtoniano (con viscosidade variable) con auga e fariña.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Actividades

Celebramos o 11F no III Congreso NOSA

51847154_1075884505943612_3691491182224867328_n

O luns 11 de febreiro celebrouse en Oleiros o III Congreso NOSA, organizado polo IES Miraflores e coa participación dos outros cinco centros educativos que tamén integran a Axencia Espacial Escolar Galega: IES Maruxa Mallo, IES Marco do Camballón, IES Arcebispo Xelmírez II, IES Ferrol Vello e CPI O Cruce.

No congreso o alumnado presentou os resultados das investigacións realizadas despois do lanzamento da MarumaSat III, cos datos recollidos e presentáronse tamén os obxectivos para o lanzamento da MarumaSat IV, así como a nova web da axencia nosa.gal e as actas de congresos anteriores.

Seguir lendo “Celebramos o 11F no III Congreso NOSA”

Actividades

Recibimos a visita de Manuel F. Herrador da ETSE de camiños, canles e portos

51730826_1070639749801421_3890153777809850368_n

O mércores 6 de febreiro tivemos pola tarde unha sesión do Club de Ciencia singular. Recibimos ao profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de camiños, canles e portos da Universidade da Coruña, Manuel F. Herrador Barrios, que nos falou da física no cine de catástrofes.

Seguir lendo “Recibimos a visita de Manuel F. Herrador da ETSE de camiños, canles e portos”

Actividades, Materiais

Celebramos La Chandeleur no marco do proxecto “Ciencia na CruceCociña”

IMG_6790

O día 2 de febreiro celébrase en Francia La Chandeleur, o día do crêpe. Así que en colaboración co departamento de francés do centro preparamos crêpes co alumnado de 2º, 3º e 4º ESO na semana do 4 ao 8 de febreiro tratando de sumar un punto de vista científico no marco do proxecto “Ciencia na Crucecociña”.

Seguir lendo “Celebramos La Chandeleur no marco do proxecto “Ciencia na CruceCociña””