Con motivo do confinamento debido á crise sanitaria do Covid-19, decidimos poñer en marcha a iniciativa “Ciencia na casa” (en redes sociais #ciencianacasa). Propuxemos cada día un experimento científico para facer con cousas da casa a través dun guión sinxelo, coas indicacións e nocións dos contidos relacionados, e cun pequeno video e/ou algunhas fotos do resultado e o desenvolvemento. Polo tanto, durante o estado de alarma esta páxina estivo actualizándose permanentemente con novas ideas que aquí se recollen e que están recopiladas no libro que tedes a continuación para descargar se queredes:
70. Pelota de ping-pong que levita
69. Hai un ovo na botella
68. O efecto da lixivia
67. Produción de O2 na fotosíntese
66. Indicadores caseiros ácido-base
65. Determinando a gravidade, g
64. Extracción de clorofila
63. Filtro caseiro de auga
62. Constrúe un aerodeslizador
61. Convección
60. Esferificacións con ágar-ágar
59. A presión e a candea
58.Candea xiratoria
57.Descenso crioscópico
56. A lata equilibrista
55. Solubilidade
54. Efecto invernadoiro
53. Como funciona un submarino
52. Un ioió con dous tapóns
51. Varía o peso no ascensor?
50. A que temperatura ferve a auga?
49. Dinamómetro con materiais de refugallo
48. Electroimán caseiro
47. Densímetro cunha palliña
46. Fai o teu arco da vella
45. O vaso do revés
44. Que cor absorbe máis calor?

43. Pompeiro de xabón caseiro
42. Tinguir flores
41. Quentadedos solar
40. Xerador eólico
39. Frecha máxica
38. Máquina hidráulica con materiais de refugallo
37. Moedas de cor verde
36. Relatividade xeral
35. Construíndo un termómetro caseiro

34. Enganando á balanza
33. Que chorro chegará máis lonxe?
32. Como peixe na auga
31. Globo en baleiro
30. Botella autoesmagante

29. Electricidade estática
28. 2+2=4?
27. Condutividade térmica

26. Xogo de luces
25. Culler reflectante
24. Terceira lei de Newton
23. Extracción do ADN dos amorodos
22. Espectroscopio caseiro
21. Disco de Newton
20. Detector de amidón
19. Plastilina condutora
18. Neve con cueiros
17. Arco da vella con lombarda
16. Constrúe un compás
15. Descomposición da auga osixenada
14.Coca-Cola en erupción
13. Slime rápido

12. Diferenzas de presión
11. Desafiando a gravidade
10. O ovo de Colón
9. Pila de limón
8. Mensaxes con tinta invisible