Neste ano académico, tiñamos a web e o blog bastante abandonados… A actividade presencial absórbenos moito tempo, porque temos o Club de ciencia dividido en dous: para primaria nos tempos de lecer do comedor e para secundaria pola tarde despois do horario lectivo.
Así o único que fomos actualizando foron os nosos perfís en redes sociais, nos que podedes ver boa parte das actividades que fixemos ao longo do ano. Pero entón chegou a crise sanitaria do Covid-19 e dun día para outro quedamos confinados nas nosas casas, sen poder desenvolver actividades presenciais, nin lectivas nin extraescolares, e como non hai mal que por ben non veña, de aí xorde a iniciativa #CienciaNaCasa coa que cada día de illamento propoñemos un experimento científico para facer, mediante un guión cunha breve explicación de como facelo e algo de teoría e un vídeo e/ou imaxes do desenvolvemento e os resultados.
Trataremos de aproveitar tamén para completar a web cos materiais dos proxectos que non subiramos, agora que imos ter que pasar máis tempo diante do ordenador…
Moito ánimo a todos, lembrade que nunca choveu que non escampara e quedade na casa!
Máis info | Ciencia na casa