Blog

Actividades

Recibimos a visita de Luisa Santos Fidalgo, profesora da Facultade de Ciencias da UDC

img_6709

O pasado xoves 24 de xaneiro adicamos a nosa sesión de tarde ao proxecto Detectives Climáticos da ESA. Acompañounos a profesora Luisa Santos Fidalgo da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña coa charla que leva por título: “A evolución da paisaxe e do clima. Metodoloxía da investigación”.

Falou con nos do método de traballo do seu laboratorio na UDC que se centra no estudo do polen nos sedimentos do fondo dos lagos para determinar aspectos relacionados coa paisaxe e o clima en distintas épocas do noso pasado, sempre en colaboración con outros departamentos de investigación e de xeito interdisciplinar. Seguir lendo “Recibimos a visita de Luisa Santos Fidalgo, profesora da Facultade de Ciencias da UDC”

Actividades, Materiais

Estudamos a ciencia dos refrescos na nosa “CruceCociña”

img_6673
O pasado xoves 17 de xaneiro iniciamos as tardes de Club de Ciencia no CPI O Cruce de Cerceda. Encontros de 16h a 18:30h nos que temos tempo para traballar con calma nos nosos proxectos e, tamén, para recibir a científicas e científicos expertos que algunhas tardes veñen traballar connosco.

Nesta ocasión comezamos cunha serie de actividades interesantes e tamén moi divertidas, que se enmarcan no proxecto Ciencia na CruceCociña, relacionadas, en particular, coa ciencia dos refrescos. Seguir lendo “Estudamos a ciencia dos refrescos na nosa “CruceCociña””

Sin categoría, Xeral

Benvidos ao Club de Ciencia do CPI O Cruce

club de ciencias

Este é o primeiro artigo no blog do Club de Ciencia do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.

Somos un grupo de profesores, profesoras, alumnas e alumnos do CPI que compartimos o interese por descubrir e comprender o mundo que nos rodea a través da indagación, a preocupación por cuestións medioambientais e as ganas de afondar en temas de ciencia fora dos estándares de aprendizaxe do currículo.

Con moita ilusión, estreamos este Club que aínda non ten nome… Estamos precisamente nestes días valorando diversas opcións e facendo votacións para elixir o nome e o logo que mellor nos definan, o que encabeza este artigo é un dos posibles.

Tamén empezamos a traballar xa nos proxectos que neste ano académico está previsto que sexan catro:

  • Ciencia na Crucecociña: orientado a examinar os alimentos preferidos pola mocidade e receitas famosas de distintos países para finalmente deseñar versións máis saudables das mesmas.
  • Detectives Climáticos da ESA: proxecto para o que fomos seleccionados e que ten como obxectivo identificar un problema climático, investigalo mediante a observación por satélite e en terra e propoñer medidas para monitorizalo e concienciar sobre el.
  • Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA): proxecto que facemos en colaboración con outros centros: IES Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Marco do Camballón, IES Arcebispo Xelmírez II e IES Ferrol Vello. Neste curso participaremos no III Congreso NOSA e no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV.
  • Miniciencia: é o proxecto a través do cal incorporamos á actividade do club ao alumnado de menor idade do centro con pequenos obradoiros que se imparten nos tempos de lecer.

A través deste blog e dos nosos perfís en redes sociais, poderedes seguir a nosa andaina que xa comeza.

Benvidos!