Actividades

III Maratón de astropartículas en Cerceda

En setembro comezamos un curso diferente, marcado polas medidas de hixiene e seguridade tan necesarias pola situación sanitaria na que nos atopamos no contexto da pandemia da COVID-19. Respectando sempre esas medidas, trataremos de levar a cabo ao longo do curso as actividades extraescolares asociadas ao Club de Ciencia como viñamos facendo en anos académicos anteriores.

La imagen tiene un atributo ALT vacío; su nombre de archivo es thumb_eftz6840_1024.jpg

Comezamos participando na III Maratón de Astropartículas, organizada pola profesora M. Dolores R. Frías da Universidade de Alcalá de Henares e cofinancidada pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECyT). A maratón celebrouse en Cerceda o xoves 15 de outubro con ponencias de Ramón Iglesias Marzoa, do observatorio astronómico de Javalambre en Teruel; Mario Gómez profesor na Universidade de Huelva e Luis del Peral profesor na Universidade de Alcalá de Henares.

Con Ramón Iglesias o alumnado falou sobre a obtención de imaxes astronómicas e a medición da luz das estrelas con conexión en directo co observatorio astronómico de Javalambre, con Mario Gómez percorreron o Universo desde distancias de segundos-luz ata millóns de anos-luz a través dunha exposición fotográfica móbil e con Luis del Peral aprenderon a observar a radiación cósmica e coñeceron de primeira man o funcionamento dun medidor de muóns.

Os días 14 e 16 de outubro a maratón celebrouse tamén en Santiago de Compostela, no IES Arcebispo Xelmírez II e no IES Rosalía de Castro.

Máis información | La Voz de Galicia, La Voz de Galicia, FECyT e USC

Advertisement
Sin categoría

Listos para descarga os 70 experimentos de #ciencianacasa, bo verán!

Captura de pantalla 2020-06-16 a las 15.29.47

A mediados do mes de marzo, despois do cese da actividade lectiva presencial, comezamos coa iniciativa “Ciencia na Casa” e chegamos aos 70 experimentos científicos caseiros durante o confinamento. Agora pechamos este peculiar ano académico recopilándoos neste libro que tedes á vosa disposición para descarga premendo na imaxe da portada do mesmo ou nesta ligazón:

70 experimentos científicos para facer na casa

Oxalá no vindeiro curso podamos repetilos todos, e moitos máis pero xuntos e na escola… Sorte, saúde, sentidiño e bo verán!

Sin categoría

De volta na web grazas ao coronavirus

ciencia-na-casaNeste ano académico, tiñamos a web e o blog bastante abandonados… A actividade presencial absórbenos moito tempo, porque temos o Club de ciencia dividido en dous: para primaria nos tempos de lecer do comedor e para secundaria pola tarde despois do horario lectivo.

Así o único que fomos actualizando foron os nosos perfís en redes sociais, nos que podedes ver boa parte das actividades que fixemos ao longo do ano. Pero entón chegou a crise sanitaria do Covid-19 e dun día para outro quedamos confinados nas nosas casas, sen poder desenvolver actividades presenciais, nin lectivas nin extraescolares, e como non hai mal que por ben non veña, de aí xorde a iniciativa #CienciaNaCasa coa que cada día de illamento propoñemos un experimento científico para facer, mediante un guión cunha breve explicación de como facelo e algo de teoría e un vídeo e/ou imaxes do desenvolvemento e os resultados.

Trataremos de aproveitar tamén para completar a web cos materiais dos proxectos que non subiramos, agora que imos ter que pasar máis tempo diante do ordenador…

Moito ánimo a todos, lembrade que nunca choveu que non escampara e quedade na casa!

Máis info | Ciencia na casa

Actividades

Celebramos o 11F no III Congreso NOSA

51847154_1075884505943612_3691491182224867328_n

O luns 11 de febreiro celebrouse en Oleiros o III Congreso NOSA, organizado polo IES Miraflores e coa participación dos outros cinco centros educativos que tamén integran a Axencia Espacial Escolar Galega: IES Maruxa Mallo, IES Marco do Camballón, IES Arcebispo Xelmírez II, IES Ferrol Vello e CPI O Cruce.

No congreso o alumnado presentou os resultados das investigacións realizadas despois do lanzamento da MarumaSat III, cos datos recollidos e presentáronse tamén os obxectivos para o lanzamento da MarumaSat IV, así como a nova web da axencia nosa.gal e as actas de congresos anteriores.

Seguir lendo “Celebramos o 11F no III Congreso NOSA”

Actividades

Recibimos a visita de Manuel F. Herrador da ETSE de camiños, canles e portos

51730826_1070639749801421_3890153777809850368_n

O mércores 6 de febreiro tivemos pola tarde unha sesión do Club de Ciencia singular. Recibimos ao profesor da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de camiños, canles e portos da Universidade da Coruña, Manuel F. Herrador Barrios, que nos falou da física no cine de catástrofes.

Seguir lendo “Recibimos a visita de Manuel F. Herrador da ETSE de camiños, canles e portos”

Actividades, Materiais

Celebramos La Chandeleur no marco do proxecto “Ciencia na CruceCociña”

IMG_6790

O día 2 de febreiro celébrase en Francia La Chandeleur, o día do crêpe. Así que en colaboración co departamento de francés do centro preparamos crêpes co alumnado de 2º, 3º e 4º ESO na semana do 4 ao 8 de febreiro tratando de sumar un punto de vista científico no marco do proxecto “Ciencia na Crucecociña”.

Seguir lendo “Celebramos La Chandeleur no marco do proxecto “Ciencia na CruceCociña””

Actividades

Recibimos a visita de Luisa Santos Fidalgo, profesora da Facultade de Ciencias da UDC

img_6709

O pasado xoves 24 de xaneiro adicamos a nosa sesión de tarde ao proxecto Detectives Climáticos da ESA. Acompañounos a profesora Luisa Santos Fidalgo da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña coa charla que leva por título: “A evolución da paisaxe e do clima. Metodoloxía da investigación”.

Falou con nos do método de traballo do seu laboratorio na UDC que se centra no estudo do polen nos sedimentos do fondo dos lagos para determinar aspectos relacionados coa paisaxe e o clima en distintas épocas do noso pasado, sempre en colaboración con outros departamentos de investigación e de xeito interdisciplinar. Seguir lendo “Recibimos a visita de Luisa Santos Fidalgo, profesora da Facultade de Ciencias da UDC”

Actividades, Materiais

Estudamos a ciencia dos refrescos na nosa “CruceCociña”

img_6673
O pasado xoves 17 de xaneiro iniciamos as tardes de Club de Ciencia no CPI O Cruce de Cerceda. Encontros de 16h a 18:30h nos que temos tempo para traballar con calma nos nosos proxectos e, tamén, para recibir a científicas e científicos expertos que algunhas tardes veñen traballar connosco.

Nesta ocasión comezamos cunha serie de actividades interesantes e tamén moi divertidas, que se enmarcan no proxecto Ciencia na CruceCociña, relacionadas, en particular, coa ciencia dos refrescos. Seguir lendo “Estudamos a ciencia dos refrescos na nosa “CruceCociña””