O día 28 de febreiro celébrase en Reino Unido Pancake Day, o día da tortita. Así que en colaboración co departamento de inglés do centro preparamos pancakes co alumnado de 1º, 3º e 4º ESO na semana do 27 ao 31 de marzo tratando de sumar un punto de vista científico no marco do proxecto “Ciencia na Crucecociña”.
Analizamos a reacción de Maillard que explica a cor marrón e o cheiro que se desprende cando se cociñan as tortitas (ou outros alimentos en tixola) e fixemos algúns experimentos físicos cos ingredientes. Separamos a xema da clara do ovo cunha botella por diferencia de presións e fixemos un fluído non Newtoniano (con viscosidade variable) con auga e fariña.