O pasado xoves 2 de maio fomos de visita ao IES Maruxa Maio de Ordes para presenciar o ensaio no que se calculou a cantidade de helio necesario para elevar o globo que levará a cuarta cápsula deste proxecto.
Nel, ademais de presenciar o enchido do globo, vimos tamén como se realizaba o nó para que a cápsula non se desprendera e como se debían colocar cada un dos compoñentes, do interior desta, para que non se danasen nin se moveran.
Por outro lado, comprobamos que a aplicación coa que se vai medir o campo magnético terrestre funcionase correctamente e non houbese erros.
Para finalizar a xornada, usouse a cámara da cápsula para tomar unhas fotos e gravar unhas imaxes de todos os que acudiron a este ensaio.