Actividades

Recibimos a visita de Luisa Santos Fidalgo, profesora da Facultade de Ciencias da UDC

img_6709

O pasado xoves 24 de xaneiro adicamos a nosa sesión de tarde ao proxecto Detectives Climáticos da ESA. Acompañounos a profesora Luisa Santos Fidalgo da Facultade de Ciencias da Universidade da Coruña coa charla que leva por título: “A evolución da paisaxe e do clima. Metodoloxía da investigación”.

Falou con nos do método de traballo do seu laboratorio na UDC que se centra no estudo do polen nos sedimentos do fondo dos lagos para determinar aspectos relacionados coa paisaxe e o clima en distintas épocas do noso pasado, sempre en colaboración con outros departamentos de investigación e de xeito interdisciplinar.

Agora mesmo nós temos abertas tres liñas de investigación para a zona de Meirama e Cerceda:

  • Análise de imaxes de satélite en EO-Browser de 1984 ata 2019.
  • Análise de datos climáticos da AEMET en estacións meteorolóxicas cercanas á zona dende 1979 ata 2019.
  • Análise comparativa de propiedades fisicoquímicas do solo en distintos puntos arredor da zona de Cerceda-Meirama.

 

A nosa intención era recoller, na contorna do centro, algunhas mostras de solo despois da charla de Luisa Santos Fidalgo coas barrenas de sondaxe, pero a choiva non deu tregua e tivemos que pasar ao plan B de adestramento en laboratorios virtuais.

Agardamos, nos vindeiros días, ter máis sorte e que nos coincida sesión do Club con algunha tarde de bo tempo para poder recoller o solo e levalo ao laboratorio para o traballo de experimentación… Seguiremos informando!

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s