Actividades, Materiais

Estudamos a ciencia dos refrescos na nosa “CruceCociña”

img_6673
O pasado xoves 17 de xaneiro iniciamos as tardes de Club de Ciencia no CPI O Cruce de Cerceda. Encontros de 16h a 18:30h nos que temos tempo para traballar con calma nos nosos proxectos e, tamén, para recibir a científicas e científicos expertos que algunhas tardes veñen traballar connosco.

Nesta ocasión comezamos cunha serie de actividades interesantes e tamén moi divertidas, que se enmarcan no proxecto Ciencia na CruceCociña, relacionadas, en particular, coa ciencia dos refrescos.

Como algúns de vos xa sabedes, Ciencia na Crucecociña é un proxecto orientado a examinar os alimentos preferidos pola mocidade e receitas famosas de distintos países para, finalmente, deseñar versións máis saudables das mesmas… Nesta ocasión comezamos polas bebidas azucradas e carbonatadas, na imaxe baixo estas liñas e na ligazón ao remate do artigo podedes descargar as instrucións de traballo nas distintas estacións.

captura de pantalla 2019-01-26 a la(s) 16.34.38

No caso dos refrescos analizamos a cantidade de azucre de moitos deles, comparando uns con outros e facendo unha cata de disoluciós de azucre en auga de distinta concentración. Medimos o pH de refrescos diversos valorando a relación que ten coa carbonatación. Estudamos a flotabilidade de varios refrescos en relación coa densidade da propia lata e do líquido e finalmente observamos reaccións químicas de resultado sorprendente como as da Coca Cola con leite, con mentos e con óxido de ferro.

Advertisement

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s