Sin categoría, Xeral

Benvidos ao Club de Ciencia do CPI O Cruce

club de ciencias

Este é o primeiro artigo no blog do Club de Ciencia do CPI Plurilingüe O Cruce de Cerceda.

Somos un grupo de profesores, profesoras, alumnas e alumnos do CPI que compartimos o interese por descubrir e comprender o mundo que nos rodea a través da indagación, a preocupación por cuestións medioambientais e as ganas de afondar en temas de ciencia fora dos estándares de aprendizaxe do currículo.

Con moita ilusión, estreamos este Club que aínda non ten nome… Estamos precisamente nestes días valorando diversas opcións e facendo votacións para elixir o nome e o logo que mellor nos definan, o que encabeza este artigo é un dos posibles.

Tamén empezamos a traballar xa nos proxectos que neste ano académico está previsto que sexan catro:

  • Ciencia na Crucecociña: orientado a examinar os alimentos preferidos pola mocidade e receitas famosas de distintos países para finalmente deseñar versións máis saudables das mesmas.
  • Detectives Climáticos da ESA: proxecto para o que fomos seleccionados e que ten como obxectivo identificar un problema climático, investigalo mediante a observación por satélite e en terra e propoñer medidas para monitorizalo e concienciar sobre el.
  • Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA): proxecto que facemos en colaboración con outros centros: IES Maruxa Mallo, IES Miraflores, IES Marco do Camballón, IES Arcebispo Xelmírez II e IES Ferrol Vello. Neste curso participaremos no III Congreso NOSA e no lanzamento da cápsula estratosférica MarumaSat IV.
  • Miniciencia: é o proxecto a través do cal incorporamos á actividade do club ao alumnado de menor idade do centro con pequenos obradoiros que se imparten nos tempos de lecer.

A través deste blog e dos nosos perfís en redes sociais, poderedes seguir a nosa andaina que xa comeza.

Benvidos!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s